Inclusión e creación literaria

Como parte dos actos  da Semana do libro e, á vez,  unha das primeiras iniciativas no marco do proxecto Revirando, esta mañá tivo lugar a entrega dos premios do certame literario de microrrelato inclusivo baixo ese mesmo nome. O evento foi presentado por alumnado de 4 ESO. 

Os gañadores, atendendo ás  categorías da convocatoria, foron: 

Categoría A (infantil): a clase de 5, co seu audioconto colectivo, proxectado no evento.

Categoría B (1 EP): o grupo formado por Manuel, Emma, Gael e Martina, co relato Mi silla de ruedas. 

Categoría C (2 e 3 EP): El niño de la Alameda, de Enrique Martínez.

Categoría D (4, 5 e 6 EP): Sofía, una niña extraordinaria, obra de Inés. 

Categoría E (secundaria): o relato de Paula Martínez.

E, como colofón, pechou a xornada a estrea do audiorrelato inclusivo Orejas de mariposa, da autora Luisa Aguilar. Trátase dun marabilloso traballo da aula de educación especial, ideado e titorizado por Mónica e interpretado por Iago Molina, coa colaboración de Daniela, Sabela, Daniel e Iván(1ESO), Fabio e Pablo (4ESO).