A biblioteca acolleu ao longo da semana diversas actividades de dinamización vencelladas á lectura e a cultura literaria.
Desde o martes, están expostos os microrrelatos inclusivos que concorreron ao certame literario Revirando, organizado polo departamento de lingua; os poemas das emocións (3 ESO) e comics baixo diversas temáticas (en versión manuscrita e dixital) realizados por alumnos de 5, 1 e 3 ESO. O xoves e hoxe, todo o alumnado asistiu a tres representacións teatrais (unha para cada etapa) a cargo dos alumnos de Oratoria (3ESO).
O vindeiro luns concluiremos esta semana de actos coa entrega dos premios do certame de microrrelatos Revirando e, como colofón, a proxección da estrea dun vídeo moi entrañable: o audiorrelato inclusivo Orejas de mariposa, protagonizado por alumnado da aula de educación especial, coa colaboración dun grupo de alumnos de 1 e 4 ESO.
Lectura, cultura, creatividade e inclusión, todo á par!