Excursión á granxa Kiriko

O pasado venres 14 de abril os alumnos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria do Colexio PP. Somascos – Fundación Educere, fixeron unha excursión á granxa Kiriko, situada no concello de Fornelos de Montes, preto de Pontevedra. Alí visitaron durante gran parte da mañá aos animais da granxa, despois fixeron un taller de transformación de alimentos e, por último, trala comida, visitaron os sementeiros, o invernadoiro e os espazos de compostaxe. Foi unha preciosa experiencia para todos, e iso que non acompañou o día xa que estivo chovendo case sempre. Mencionar, finalmente, que os monitores que os acompañaron durante toda a xornada destacaron o bo comportamento que tiveron os alumnos dos Somascos.