Durante o do tempo de Coresma, o P. Vidal sorprendeu á comunidade escolar cun fermoso Vía Crucis que colocou nun recuncho da entrada do colexio. Era o resultado dun minucioso traballo, similar ao que nos ten acostumados polo Nadal cos seu artísticos Beléns. Así, podíase visualizar os calvarios, a Xesús crucificado e unha montaxe que reproducía a Última Cea. Con esta maqueta, culminábase o traballo de acercamento do tempo de Coresma que xa se estaba a presentar semana a semana nas aulas, nas oracións das mañás.