CUMPREANOS DE UNZUÉ

Esta semana os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere estiveron preparando unha felicitación ao ex porteiro de fútbol Juan Carlos Unzué polo seu cumpreanos deste sábado 22 de abril. A maioría das felicitación foron tarxetas, cartas e debuxos que se reuniron nun álbum personalizado que se lle enviou ao seu domicilio. Trátase dunha iniciativa máis da carreira inclusiva REVIRANDO que este ano destinará o diñeiro recadado á asociación AGAELA que reúne aos afectados en Galicia pola enfermidade do ELA. Recordemos a que o propio Unzué, un afectado por esta doenza, apadriña o vídeo de presentación da citada carreira REVIRANDO que terá lugar o vindeiro 14 de maio polas rúas da Guarda.