Este venres 21 de abril tivo lugar no Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere a entrega de premios do concurso literario “Feliciano Rolán – Padre Orestes”, con contaba con dúas categorías: poesía e investigación. O acto tivo lugar no patio cuberto a última hora da mañá e contou coa participación de todo o alumnado do centro. Dito concurso foi organizado pola ANPA do colexio e a asociación PIUEIRO, con motivo da reedición do poemario de Feliciano Rolán: “De mar a mar” en edición bilingüe. A intención dos organizadores era dar a coñecer a estes personaxes clave da cultura guardesa, Feliciano Rolán (poeta) e o P. Orestes Caimotto (ex director e fundador do Colexio PP. Somascos da Guarda). O resultado final foi unha importante participación e un gran esforzo e calidade nos traballos presentados. De feito, a intención dos organizadores é facer unha publicación con todos os traballos finalistas.