Este mércores 8 de marzo os alumnos do Colexio PP. Somascos – Fundación Educere conmemoraron o Día Internacional da Muller cunha actividade de clase centrada na orixe histórica desta data. Así, os titores de cada curso proxectaron unha breve historia dos principais feitos que tiveron lugar nun 8 de marzo. A continuación xuntaron aos alumnos en grupos para reflexionar e poñer por escrito as emocións que lles produciron estes feitos, concretamente: alegría, medo e tristeza; integrando así as tres emocións do Plan Emocional do Centro deste ano. Ao rematar os portavoces leron as reflexións de cada grupo e as foron pegando na parede da clase.