Nos días 9 e 10 de marzo celebrouse o concurso de Relato Curto organizado por Coca-cola. A actividade, como nos dous anos anteriores, discorreu a través dunha plataforma preparada a tal fin, nun espazo do propio centro escolar.
Os participantes desta convocatoria foron: Pablo Cadilla Vázquez, Álvaro Blanco Villa, Clara Rubio Alonso e Sofía Villa Bento. (Alumnos de 2º da ESO)
Este ano o estímulo creativo foi un conxunto de seis palabras, acompañadas dun debuxo, que tiñan que aparecer espalladas ao longo da composición.