Día internacional da muller

A pesares do mal tempo, quixemos estar presentes no acto do 8M organizado polo Concello para continuar reivindicando a igualdade. No evento, ademais de lembrar o papel das mulleres anónimas no desenvolvemento do rol imposto pola tradición social, tamén se leu un manifesto reivindicativo da aceptación e a liberdade ante aspectos como a maternidade. Amenizou e pechou o acto un dúo musical.