O día 2 de marzo, parte do noso alumnado contribuíu á conservación do medio ambiente cunha plantación de carballos no parque Pai Baltasar Merino en Chans.
Dita actividade forma parte das accións da carreira REVIRANDO, da que pronto teredes novas.
Ao final da xornada o alumnado deixou nun fermoso atril de madeira a imaxe do noso amigo o cefalópodo de Revirando, co fin de inmortalizar a visita. Agradecemos á Comunidade de Montes de Camposancos a cesión do terreo, ao Concello pola doazón das árbores e a Viveiros Río Tollo pola achega das plantas.
Proximamente seguiremos REVIRANDO!!!!