Os catro cursos da ESO vimos de asistir, no cine Salesianos de Vigo, a unha función teatral- actividade complementaria programada desde o departamento de lingua- para a coñecer de preto as artes escénicas e a Cervantes, autor traballado na aula.
A compañía Factoría Teatro puxo en escea unha versión dramatizada, propia e orixinal -combinada con mestría con danza e música- dunha das Novelas Ejemplares cervantinas, El celoso extremeño. Unha historia de celos, a do vello e rico Carrizales que, ao retorno das Américas, casa cunha moza que pretende custodiar celosamente na súa mansión.
Trala representación, participamos nun coloquio cos actores, xunto a outros centros asistentes, e tivemos ocasión de coñecer con detalle outras cuestións sobre a interpretación e a vida sobre as táboas.