DÍA DE SAN XEROME EMILIANI (8 de febreiro)

Hoxe, 8 de febreiro, no Colexio PP. Somascos-Fundación Educere, de A Guarda, conmemoramos o día do noso padroeiro, San Xerome Emiliani.

Este ano, superadas xa en gran medida as restricións impostas pola pandemia, celebrouse na igrexa parroquial unha eucaristía na honra do fundador da congregación. Recuperábase así unha tradición existente dende a chegada dos Somascos á vila, no ano 1957.

Presidiu o acto relixioso o P. Vidal e concelebraron o P. Luís e o párroco de A Guarda, D. Juan José.

Foi moi emocionante ver a todos os alumnos participando e cantando na Santa Misa con sentimento e respecto. 

Na homilía, o P. Vidal lembrou os tres piares espirituais que San Xerome transmitiu aos nenos abandonados que foi acollendo ao longo da súa vida: oración, traballo e caridade; os mesmos que, aínda hoxe, os seus seguidores, os Pais Somascos, seguen a transmitir polos cinco continentes. Pechouse a cerimonia co himno a San Xerome, “Un alegre canto”, cantado por todos os asistentes baixo a dirección de María e o acompañamento musical de María José e o seu fillo, Jairo.

A conmemoración adicada a San Xerome concluirá este venres, día 10, coa tamén tradicional busca do tesouro, na que os alumnos tinguirán coa súa alegría e paixón as rúas e camiños do concello guardés.A conmemoración dedicada a San Xerome durante toda este semana no colexio concluirá este venres día 10 coa tamén tradicional busca de tesouro. Ese día os alumnos dos Somascos tinguirán coa súa alegría e paixón as rúas e camiños do concello guardés.