Tesouro 2023

Este venres os alumnos culminaron a semana do seu padroeiro, San Jerónimo Emiliani, coa tradicional “Busca do Tesouro”. A maxia do tesouro volveu inundar as rúas e camiños do Concello guardés, tinguindo o día de cores e emocións para deleite de toda a veciñanza.

Os alumnos de Educación Infantil e Primaria (ata 5º) buscárono pola mañá e os da ESO e 6º de EP durante todo o día, con subida ao monte Santa Trega e visita ao lugar do Aloqueiro en Salcidos, como lugares máis alonxados. Os participantes volveron así, un ano máis, a protagonizar a actividade máis esperada do ano, que segue marcando a xeracións de mozos e mozas da Guarda e a contorna ao converterse nun recordo inesquecible para todos eles.