Charla de orientación académico-profesional

Na mañá de hoxe, os alumnos de 3°e 4° ESO asistiron a unha charla de orientación académico-profesional impartida pola Coordinadora de Internacional e de FCT e por profesorado da Formación Profesional do IES A Sangriña. Asimesmo, contamos coa especial intervención de ex-alumnos do noso centro, que quixeron expoñer a súa experiencia no instituto.