INICIO DA CAMPAÑA DE FOMENTO DO COMERCIO LOCAL (5 decembro)

Os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere–, no inicio do mes de decembro puxeron en marcha unha campaña de apoio ao comercio local. O obxectivo é concienciar ás persoas da familia e a veciñanza da importancia de consumir nos negocios da propia localidade, case todos familiares, como forma de axudarnos uns a outros nestas datas tan sinaladas como son as de Nadal. E logrado isto, converter este xesto nun hábito durante o resto do ano.