Durante a semana do 5 ao 9 de decembro, os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere traballaron sobre a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Para elo cada curso recordou que o 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou unha resolución que recollía en 30 artigos os dereitos humanos considerados básicos. E se leron todos, ou cando menos, os principais. A continuación, organizados por grupos, os alumnos traballaron algúns deses artigos elaborando unha composición poética e/ou unha ilustración ou debuxo sobre os mesmos. Os traballos resultantes foron expostos na Biblioteca do centro. Finalmente, este luns 12 de decembro todos os cursos baixaron por quendas a coñecer as creacións alí colocadas, sendo lidas moitas delas polos profesores ou eles mesmos.