Esta mañá, clase de cultura inglesa en 3&4 ESO, coa colaboración da editorial Burlington, a cargo de Damien.
En 3 ESO, sorprendeunos cun miniconcurso sobre o papel do inglés no mundo; en 4 ESO, o tema foi os EEUU. Algúns alumnos recibiron agasallos “ limited edition”.
En sinal de agradecemento, nós fixémoslle entrega dun detalle de cerámica de Burela e bombóns. Grazas, Damien, un dublinés afincado en Galicia… que adora a nosa terra!