Os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Edúcere–, celebraron este venres 25 de novembro o Día da Non Violencia de Xénero. Desde o comezo da xornada, recordouse que día é e por que, desgraciadamente, se conmemora. A continuación levaron a cabo unha actividade titulada: «O que máis me gusta de ti…», na que os alumnos puxeron por escrito, ou en imaxes, as cousas que máis lle gustaron dende sempre das mulleres importantes das súas vidas: nais, avoas, irmás, tías, curmás… Para iso repartiuse entre o alumnado material de cor morada (folios, cartolinas…), e nelas expuxeron o resultado das súas buscas e entrevistas familiares de días previos. O resultado final foi tan sorprendente como emotivo. Finalmente fíxose unha exposición dos seus traballos no patio cuberto do colexio para que tanto os nenos como as familias puideran apreciar as súas creacións.