A nosa pegada no 25-N

Entre outras actividades de conmemoración do Día contra a violencia de xénero, a biblioteca do centro acolleu esta mañá “A nosa pegada no 25-N”, unha lectura de relatos elaborados polo alumnado de 4 ESO, froito do traballo do texto narrativo en lingua castelá. Ambientados e inspirados na figura da muller e os seus dereitos, a iniciativa ía dirixida ao alumnado dos restantes cursos de secundaria co obxectivo de sensibilizalo ante esta problemática. En cada liña dos seis relatos participantes os seus autores contaxiaron solidariedade, tenrura, dor, autoafirmación, sensibilidade… e esperanza!