Domund 2022

O 27 de outubro celebrouse o Domingo Mundial das Misións ou Domund. No colexio quixemos traballar esta campaña cunha actividade na que o alumnado de ESO, organizado por grupos, tivo que elaborar unha presentación informativa para explicar, ou facer lembrar aos máis pequenos, que era o Domund. A continuación, o grupo que informaba tamén facía entrega dun peto para as recadacións posteriores, polas que tiña que velar, e finalmente recoller, concluído este tempo.

Os máis pequenos, como é tradición, decoraron o seu sobre para o donativo.