Os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, celebraron este venres 28 de outubro o día do Samaín (Halloween), asistindo moitos deles disfrazados ao colexio. Estiveron preparando este día toda a semana, decorando portas e corredores. Ademais, a semana anterior puxeron en marcha unha actividade por grupos, dentro das aulas, consistente en elaborar cabazas de Samaín con materiais de refugallo. A continuación fíxose un concurso para elixir a mellor cabaza de cada curso, recibido os seus artífices, como premio, uns doces de Halloween terroríficos… Os encargados de facer a elección foron os alumnos da clase do lado, do mesmo ciclo, que entrando na clase votaron á que consideraban a mellor cabaza da aula. Ao final, todas as cabazas pasaron a decorar a zona de entrada do colexio, estando destacadas as gañadoras cunha etiqueta.