Concurso Bitmax

O alumnado de 1° de Primaria participou no concurso de Bitmax facendo unha maceta con materiais reutilizados, aproveitando o proxecto da horta escolar.
Cultivaron leitugas e tomates Cherry e, semanalmente foron anotando no seu caderno “a miña horta”, os cambios que observaban nas súas plantas.
Unha excelente actividade para adquirir responsabilidades nos coidados destes seres vivos.