Equipos do proxecto E-dixgal

Segundo as indicacións da Xunta de Galicia, a custodia ou devolución dos equipos en préstamo serán as seguintes:

No caso de que o alumnado abandone o proxecto no vindeiro curso, ao non manter a matrícula no noso colexio, o alumnado procederá á devolución de todos os compoñentes ( maletín, lapis e equipo, totalmente cargado as 24 h. previas á entrega) debidamente revisado e gardado na súa caixa orixinal.

Trala revisión de dito equipamento, os titores legais deberán asinar o documento de devolución, redactado mediante a plataforma de xestión da Xunta de Galicia. Todo isto farase durante a sesión de entrega de notas finais.

No caso de que o alumnado continúe dentro do proxecto E-dixgal, as pautas da Xunta de Galicia indican que as familias serán as responsables da custodia dos equipos, para o que aconsellan que se faga unha carga completa destes antes de gardalos durante o verán, ou sempre que non se vaian a empregar un período longo, para evitar avarías nas baterías.