O Novo Atalaia, nº 36 viu a luz hoxe en versión dixital, repetindo así a xeito de
publicación, para cumprir coas medidas que caracterizan a actividade xeral no colexio tralo protocolo covid. Nel, intentouse resumir a conxunto de actividades levadas a cabo no centro de principio a fin de curso, complementado con continuos enlaces á web do centro ou redes, onde calquera detalle que non se recollera o xornal, pódese encontrar sen problema.
O formato deste ano, a modo de anuario, intenta render homenaxe á toda a
Comunidade Educativa, xa que deste xeito todo o traballo, que é moito e de
calidade, queda reflectido neste acopio de información.