Día Universal da Infancia

Os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere, celebraron este venres 19 de novembro o Día Universal da Infancia (adiantándose así ao propio día que é o sábado 20). O lema desta conmemoración é: NON PISOTEES OS MEUS DEREITOS.

Por tal motivo, durante a semana estiveron coñecendo e reflexionado nas clases sobre os dereitos que teñen recoñecidos dende a declaración de 1959, e sobre todo na Convención dos Dereitos do Neno de 1989. Finalmente, o xoves e o venres, escribiron eses dereitos nuns carteis adhesivos que foron logo colocando polos corredores do colexio, para que todos os que pasen por alí se paren a lelos e se dean conta que non poden pisotealos… Nin nesta ocasión nin nunca.