O xoves 25 de novembro os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere conmemoraron o Día da Non Violencia de Xénero. Comezaron a xornada recordando por que, desgraciadamente, se conmemora este día, facendo tamén unha oración ou reflexión sobre o particular (nalgúns casos os propios alumno foron os autores da mesma).
Como actividade de colexio todo o alumnado elaborou unha tarxeta de cor morada na que escribiron un compromiso de respecto para calquera persoa de sexo contrario. Finalmente as pegaron nun enorme NON de papel situado na entrada do patio, facendo un mosaico de bos desexos, que era o resultado final da nosa mensaxe neste día.