Aniversario de Rosalía

Hoxe,  mércores 24 de febreiro, todo o alumnado do colexio puido festexar o aniversario de Rosalía, a que foi a senlleira impulsora da lingua galega. Os máis pequenos do colexio encargáronse de colorear imaxes de Rosalía tecendo así, unha fermosa grilanda; facendo dinámicas interactivas, elaborando marca páxinas… Os maiores traballaron a súa figura e os seus escritos, atendendo aos diferentes espazos  nos que viviu e marcaron a vida da autora. Inspirados no Tren do noso ano escolar, cada curso creou un vagón  que ía dende  Ortoño, Santiago, Simancas ata Padrón.