Novo Atalaia 35

A situación excepcional marcada pola pandemia, fixo que este curso escolar o número 35 da revista Novo Atalaia fose publicado recentemente en versión dixital, cumprindo así, coas medidas que caracterizan a actividade xeral no colexio. Nela, intentouse resumir as actividades levadas a cabo no centro ata o momento.

O formato que este ano define a edición, está inspirado no tren que simboliza o traxecto ou curso 2020-21, e que xa o lema ven anunciando. Así, a información aparece presentada en vagóns seguindo unha orde cronolóxica – temática.