Este venres 5 de marzo levouse a cabo a 12ª Edición do concurso de Relato Curto organizado por Coca-cola. Dada a situación actual derivada pola pandemia, a actividade desenvolveuse a través dunha plataforma dixital.
Á convocatoria asistiron de noso colexio alumnos de dous cursos de secundaria, xa que o pasado ano quedou cancelado polo COVID. Así, hoxe accederon á plataforma para participar no certame: Mario Alonso Estévez e Isis González Velasco (2º ESO) e Nicolás Lima Carrero e Irene Vicente Cividanes (3º ESO).