Entroido

O pasado venres 1 de marzo de 2019 tivo lugar o tradicional desfile de Entroido que, como todos os anos, celebran os nenos de Educación Primaria de todos os colexios da Guarda. O Colexio PP. Somascos – Fundación Edúcere aproveitou a ocasión para conmemorar o 50º Aniversario da chegada do home á Lúa (1969-2019). Os nenos de Educación Infantil abrían o desfile vestidos de foguetes e naves espaciais; os de 1º EP de Lúas; os de 2º EP de televisións transmitindo o momento da «alunizaxe»; os de 3º EP de científicos da NASA; os de 4º EP de alieníxenas; e os de 5º e 6º de EP de astronautas e periodistas. Precisamente os alumnos de 6º pechaban a comitiva portando unha inmensa réplica da nave espacial que fai 50 anos transportou ao primeiros homes á Lúa. E finalmente os profesores ían todos eles vestidos de astronautas.