Concurso Relato Curto de Coca-cola

O venres 15 de marzo celebrouse a 11ª Edición do concurso de Relato Curto
organizado por Coca-cola. A actividade tivo lugar no Campus Universitario
Lagoas Marcosende, Escola de Enxenería Industrial de Vigo. Á convocatoria
asistiron de noso colexio: Claudia Martínez e Ángel Martínez, ambos, alumnos
de 2º ESO.

Este ano fíxoselles entrega, como fonte de inspiración, unha especie de
pequena cubeta na que podían ler palabras tipicamente galegas como
“saudade, fervenza…“; debían escoller catro e espallalas polo relato.