O pasado 20 de decembro, nós, os alumnos de cuarto de Educación Secundaria sorprendemos cunha actividade.
Primeiramente, fixemos uns vídeos por grupos que ese día se proxectaron no encerado. Os vídeos foron divididos pola mañá entre infantil, primaria e secundaria. De seguido, cada un de nós fixo 3 versións dun mesmo cadro, que eliximos previamente, e cada versión cunha técnica diferente. A continuación, realizamos, cunha aplicación de ordenador, unha montaxe da aula en 3D chamada aula-museo. E por último, un estampado para as invitacións que se repartiron o día da inauguración.
Os días anteriores dividimos o traballo e adxudicamos roles. Na inauguración, uns desempeñamos o servizo de membros de seguridade (só tivemos que vixiar quen entraba e recoller as invitacións repartidas anteriormente), outros fomos ” indicadores” ( que se repartían ao longo do colexio indicando con frechas ou marcadores a dirección por onde tiñan que ir, e que ninguén se perdera polo camiño) e outros , guías na aula para que cando chegaran os pais ,poder recibilos, explicarlles as obras, ensinarlles os vídeos e, por suposto, vixiar que ninguén tocara ou danase algunha das obras.
Esa actividade dividiuse en dúas partes:
A primeira foi pola mañá.Visitaron o museo, os distintos cursos do colexio, cada un co seu profesor, dende os máis cativos ata os máis maiores. Rematou a 13.30 horas.
A segunda parte estivo dirixida ós pais ou a calquera persoa que pasara pola rúa.Fíxose coincidir coa entrega das notas. Ó entrar foron recibidos cun gran sorriso e unha invitación nas mans. O horario aproximado foi entre as 16:00 e as 17:00 horas.
Aseguramos que foi unha actividade entretida, onde cada un se meteu no seu papel. Foi un día de convivencia onde tivemos que traballar en equipo para que todo saíse coma se esperaba.
Nova redactada polo grupo de 4º de E.S.O.