O mércores 5 de decembro celebrouse o Día do Voluntariadono colexio ca actividade “Fálame do teu labor”,na que cunha charla informativa do principal impulsor da Asociación de axuda Conrazones, Piño, pretendiamos espertar no noso alumnado a solidariedade e as gañas de ser voluntario e voluntaria no seu día a día. Tamén, esta xornada, inaugurouse a “Operación Quilo-litro 2018”, quedando exposto no patio do colexio,un cartel anunciando a actividade. Quedaron, igualmente, postos os puntos de recollida repartidos por andares.
A novidade deste ano foi a creación dun novo punto para persoas que non pertenzan á comunidade pero con ganas de colaborar.
O recollido será coma sempre, para fundacións benéficas da localidade.