O noso centro festexa o aniversario de Rosalía

O venres 22 de febreiro, todo o alumnado do colexio puido festexar o aniversario de
Rosalía nun alegre Photocall, e que serviu de homenaxe á quen foi unha senlleira
impulsora da lingua galega. Os máis pequenos do colexio encargáronse de colorear as
imaxes de Rosalía e así tecer o fondo para a actividade.

Tamén os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria renderon homenaxe á de Padrón,
cun canto tradicional galego, inspirado nun poema da autora, acompañándoo con
movemento corporal e un simbólico parapente. A música pertence ao grupo Evoéh, ao
que lle caracteriza a intención de lle dar unha nova visión á música do noso redor a
través de variados proxectos e formacións.

Pecharon os alumnos da ESO, que tamén participaron no Photo Call, pero que
traballaron nesta xornada á Rosalía máis feminista, xa que integraron á actividade no
Proxecto actual Elas, e escolleron dos seus poemas, versos nos que atoparon a grito da
Rosalía – muller . Logo trasladaron ese verso a un papel e pegárono nos chanzos das
escaleiras do colexio.
Tamén se rendeu homenaxe á de Padrón, sumándonos ás actividades do Concello da
Vila, que nos invitou a asistir a unha obra de teatro, como xa vén sendo costume nesta
data, relacionada coa poetisa e a súa obra. Este ano, os alumnos que participaron na
actividade foron os de 3º e 4º de Educación Primaria.