O lema

Este curso escolar 2018-19 ten como lema:I E no colexio quixemos adaptalo á nosa realidade, ao que somos. En primeiro lugar, traducímolo ao galego e creamos un corazón con tódalas fotos dos que formamos a comunidade educativa, tendo no centro a San Xerome, o exemplo a seguir. Completámolo con palabras, expresións ou símbolos que expresaran os nosos sentimentos e emocións; fíxose uso de distintos idiomas fomentando así o plurilingüismo, principalmente o galego. Tamén pretendiamos potenciar o traballo en equipo e colaboración entre os distintos plans e departamentos: EDLG, Innovación e Plan de Acción Titorial