O 21 de outubro celebrouse o Domingo Mundial das Misións, coñecido tamén polo acrónimo Domund. É unha xornada anual na que a Igrexa católica promove o espírito misioneiro. Celébrase en todo o mundo o penúltimo domingo de outubro. No colexio quixemos coñecer a historia desta campaña e desde o 8 ao 19 de outubro o alumnado buscou información adaptada á idade do seu grupo-clase.
Os traballos resultantes serviron de paneis informativos nun lugar visible e accesible do centro para que,días antes á celebración, a comunidade educativa puidera saber a orixe desta data.
O venres 19 deste mes, levouse a cabo a actividade “Enche o meu sobre”, que consistía en que,unha vez repartidos os xa coñecidos sobres do Domund, serían personalizados e intercambiados entre todo o alumnado de xeito aleatorio, de maneira que se levaran a casa sobres decorados para a aportación.