O pasado luns 9 de novembro, conmemorouse no colexio a festividade de San Martiño declarado de interese turístico en Galicia e que cada ano acolle a multitude de xente chegada de distintos puntos da comarca.
A palabra magosto, ademais doutros significados relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas.
O noso colexio tinguiuse de Magosto e convidou a castañas a todos os que quixeron compartir connosco este día. Evidentemente, antes desta actividade, traballouse de xeito transversal a importancia das tradicións, así como do saber popular, potenciando deste xeito a ponte entre o pasado e o presente. Ademais, mencionar tamén, que non soamente se tratou dunha festividade sen máis, senón que o centro desta actividade foi o compartir: compartir castañas, compartir o traballo: á hora de cortar as castañas, de facer os conos de papel para despois botar as castañas, compartir a limpeza do patio, compartir experiencias…

Para facer a espera máis amena o colexio encheuse, grazas a colaboración estimable dos membros do Piueiro de obradoiros de cartolinas para pintar, gamelas para recortar e decorar, exhibición, macramé, botellas forradas, nós mariñeiros e xogos rescatados do tempo: zancos, buxainas, pau roda e etc. A modo de sorpresa, colocouse un “photocall” con motivos mariñeiros para inmortalizar a xornada.