O xoves 27 de abril, tivemos a presentación oficial da III Edición da carreira Inclusiva e Solidaria REVIRANDO, celebrada no Concello de A Guarda. Nesta presentación fíxose especial fincapé na importancia de dar visibilidade á solidariedade, inclusión e voluntariado. Destacamos que este ano a recadación obtida no evento será doada á Asociación de afectados polo ELA (AGAELA). Agradecemos a presenza neste acto ao Concello de A Guarda, á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia.