MAXI, “A esencia de vivir”

No Centro Cultural da Guarda, o venres ás 12:00h, proxectamos o documental MAXI, “A esencia de vivir” con guión e dirección de Víctor Bello. Con esta peza audiovisual, Maximiliano Alejandro Masip, coñecido como Maxi, contounos a súa historia deportiva e persoal marcada pola superación constante e consecución, día a día, de grandes retos. Agradecemos ao Concello e aos centros educativos, Colexio San José e Colexio Manuel Rodríguez Sinde, a súa participación.