O alumnado de 4º de ESO celebra do 20 ao 26 de marzo, toda unha serie de accións contempladas na SEMANA DO CLIMA 2023.

O luns conmemoraron o día sen carne. O martes, as árbores senlleiras das Rías Baixas de Galicia, posto que era o día dos bosques. O mércores, no día da auga, elaboraron infografías do bo uso deste preciado recurso. O xoves escribiron un manifesto de emerxencia climática. O venres viviuse unha xornada de reflexión sobre a importancia de coidar o planeta porque é o noso futuro, a través do visionado de documentais e cancións elixidas polo propio alumnado.
Como colofón, o curso de 4º da ESO quere facer un chamamento para que todos nos unamos á edición da Hora do Planeta 2023. Será o vindeiro sábado 25 de marzo, de 20:30 a 21:30 horas. Terá por lema «Apaga la luz. Dale una vuelta al Planeta», comunicado por WWF Adena, promotor desta iniciativa.