Carapuchiña Vermella

Hoxe, martes 21 de marzo de 2023, rematan as funcións de monicreques levadas a cabo por Xoel Molina (2ºESO) e Iago Molina (1º ESO). Estes mozos, foron quen de representar o conto “Carapuchiña Vermella” a 1º, 2º e 3º de Educación Infantil, a 1º, 2º de Educación Primaria e por suposto, non esqueceron ao alumnado da Escola Infantil.

Como podedes imaxinar, estes dous irmáns son uns “titiriteiros” de vocación e corazón, porque ademais dos seus estudos, compaxinaron: ensaios, presentación cara ó público…

Non vos preocupedes, isto non remata aquí… xa están a argallar a vindeira posta en escena, seica vai duns porquiños… Que conto será?

Grazas Iago e Xoel !!!