Visita de DisCamino

O xoves 16 de marzo, sentímonos moi afortunados por recibir a visita dalgúns dos integrantes de DisCamino, capitaneados polo recoñecido Javier  Pitillas. A charla dirixida ao alumnado de  6º EP, 1º e 2º ESO, tiña como obxectivo a sensibilización e concienciación na diversidade funcional e as múltiples capacidades, formando parte dunha das actividades do Proxecto que impulsa a III edición da Carreira solidaria e inclusiva REVIRANDO. 

Queremos volver dar as grazas por este marabilloso encontro, por compartir tantas vivencias que fan crecer algo máis á nosa comunidade educativa.