O alumnado de 6º de EP visitou o Centro Cultural da nosa vila, co obxectivo de coñecer a figura do primeiro cineasta galego. Vía Láctea Filmes, trouxo ata un cinemóbilpara complementar unha xornada, realmente, interesante.
José Gil, nado na aldea de Rubiós (As Neves), foi un fotógrafo e director de cine que participou na orixe do cinema. A súa relevancia, radica en chegar a ser pioneiro, produtor, director e camarógrafo ao longo de 25 anos, tendo sido un home pobre e humilde.
Xuntamos información desta visita á vila, xa que se alongará ao fin de semana e á que toda a comunidade educativa ten aceso.