Rosalía de Castro  

Os días 23 e 24 de febreiro, o alumnado do colexio conmemorou o aniversario de Rosalía de Castro, senlleira impulsora da lingua galega. Para festexar esta data traballouse a figura da de Padrón e os seus escritos, atendendo aos diferentes elementos ou cousas marabillosas que acontecen (centro temático do lema deste curso) nas súas composicións.

A tal fin, os pequenos, guiados polos docentes, escolleron versos ou estrofas onde aparecían palabras positivas e marabillosas, que transformaron en debuxos.