Obradoiro de primeiros auxilios

Hoxe, dentro das accións de REVIRANDO, recibimos a visita da Asociación VODEA, un colectivo sen ánimo de lucro que colabora e traballa en grandes eventos de todo tipo: sociais, deportivos, etc.

O alumnado da ESO e, máis tarde, primaria, participou activamente en todas as dinámicas prácticas de primeiros auxilios como colofón á pequena formación recibida para afrontar  situacións como atragantamentos, pequenos traumatismos, queimaduras, ictus, ataques epilépticos ou mesmo realizar unha R.C.P.

Citarémonos cos nosos amigos de VODEA para o 14 de maio, en REVIRANDO… A Guarda!

Desde o colexio queremos agradecer a disposición e amabilidade de Zaira, Ángel e todo o equipo do que forman parte.