Xornada de sensibilización ambiental

Inauguramos, esta mañá, as visitas escolares á exposición itinerante sobre o cambio climático que se manterá no Concello ata o vindeiro día 26.
Tras unhas palabras de benvida por parte do alcalde e a concelleira de medio ambiente, dezanove paneis informáronnos das repercusións actuais do quecemento do planeta por mor da acción humana, os riscos que corre o entorno e as posibles accións que podemos acometer na vida cotiá para minimizalos e preservar a Terra. Un vídeo coa intervención de expertos no tema completou as explicacións da técnica do Concello.
Tras este labor de sensibilización, agora habemos incorporar nos nosos hábitos eses pequenos xestos a prol da sustentabilidade.