Este pasado martes, 8 de febreiro de 2022, os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere conmemoraron o día do seu padroeiro, San Xerome Emiliani, neste caso cun sinxelo encontro no patio co Pai Luis, un dos sacerdotes que viven na casa somasca da Guarda, e antigo profesor do centro. Distribuídos en tres quendas, Infantil, ESO e Primaria, a cada grupo o P. Luis lles fixo un repaso da vida do santo veneciano do século XVI; pero tamén lles falou da actual situación desta orde relixiosa dedicada –como estableceu o seu fundador– a atender á xuventudes abandonada do mundo, con casas espalladas polos cinco continentes; e por suposto recordoulles a todos os valores transmitidos por San Xerome, entre eles a oración diaria. De seguido uns alumnos leron unha desas oracións, que todos os días rezan os pais somascos, e finalmente todos xuntos cantaron o himno a San Xerome.
Durante a semana grande do colexio, non podiamos deixar de lembrar a vida do noso padroeiro, polo que ao comezarmos cada xornada fomos repasándoa grazas a unha sinxela presentación: