Día das persoas con discapacidade

Este venres 3 de decembro de 2021 os alumnos do Colexio PP. Somascos da Guarda – Fundación Educere conmemoraron o Día Mundial das Persoas con Discapacidade, nesta ocasión dedicado á discapacidade visual.

Primeiro pegaron nas ventás o símbolo deste día, para que fose visto dende o exterior. Despois elaboraron unhas gafas de cartolina simulando todo tipo de discapacidade visual: opacas completamente ou con buratos de diferentes tamaños (centrados, laterais e ata múltiples). E por último, no segundo recreo, saíron ao patio por parellas: un de cego e outro de guía, alternándose durante ese tempo. Antes de baixar, Valentina, de 4º EP, con discapacidade visual, foi polas clases de Primaria e da ESO dando uns consellos aos guías –baseados na súa propia experiencia– para evitar caídas e accidentes durante a actividade.

Algunhas clases tamén se uniron á campaña “todos baixo un mesmo paraugas” para visibilizar o problema da discapacidade e da necesidade de protección que teñen todas as persoas que a padecen.