O pasado 29 de novembro, os cursos de 5º e 6º de E. Primaria asistiron, na Casa dos Alonso, a unha visita guiada a Exposición de Filatelia, que forma parte das actividades que organiza o noso concello, para homenaxear a Eliseo Alonso.
Ao rematar o percorrido, o alumnado foi agasallado con selos e postais conmemorativas.