Samaín

Os alumnos do colexio PP. Somascos da Guarda-Fundación Educere celebraron este venres, 29 de novembro, o día do Samaín (Halloween). Logo de varias sesións decorando portas, corredores e realizando diferentes actividades, o resultado foi aterrador…

Os alumnos de infantil fixeron un auténtico bosque encantado, con árbores tenebrosas, néboa e sons arrepiantes… Daba verdadeiro medo atravesalo!

Os alumnos de primaria decoraron as portas das súas aulas e os de 5º puxeron en escena, no corredor unha contacontos para deleite dos demais.

Os alumnos da ESO decoraron clases e corredores da maneira máis terrorífica.